A Policía Local de Rianxo realizarou controis a 36.452 vehículos, fronte aos 21.233 do exercicio anterior, o que supón un incremento do 58,25 %. Os datos corresponden ao balance anual do corpo de municipais rianxeiro, no que se constata un descenso da sinistralidade na rede viaria.
Ese aumento da actividade é froito das campañas de seguridade viaria realizadas en colaboración coa Xefatura Provincial de Tráfico e a agrupación de Tráfico da Garda Civil. Eses controis levaron a tramitar 732 denuncias, das cales 67 estaban relacionadas coa documentación e condicións dos vehículos.
Descendeu a cifra de alcoholemias positivas detectadas, un total de dez fronte ás 39 do ano anterior, unha baixada do 74,36 %, así como os condutores denunciados por consumir drogas, con 15 sancionados fronte aos 44 do 2021. Caeron tamén os excesos de velocidade, con 72 denuncias polas 128 do exercicio precedente.
Destaca tamén o descenso da sinistralidade con 104 accidentes de tráfico. Os municipais atenderon un total de 9.883 servizos e chamadas, un 22,44 % máis, e dentro do control de violencia de xénero no sistema Viogén, de seguimento e atención ás vítimas, e durante o ano pasado realizaron 432 dispositivos de vixilancia e control, 150 deles sobre agresores.




