A poda e o enxerto de árbores froiteiras centran a nova oferta formativa medioambiental da Pobra

21 Febreiro 2023

Co motivo da boa acollida das dúas edicións previas do curso de poda de árbores froiteiras, o Concello da Pobra do Caramiñal aposta novamente por esta acción para este ano. Trátase dunha oferta formativa de balde que se amplía co curso de enxerto, segundo presentan a concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra), e a técnica municipal desta área, Beatriz González.

O curso de poda desenvolverase nos meses de marzo, maio e agosto a cargo da labrega e formadora Carme Freire Cruces. Comezará cunha clase teórica no 11 de marzo, dende as 10.00 ata as 14.00 horas, na aula de estudo situada no andar superior da Biblioteca Municipal. Xa pola tarde, en horario de 16.00 a 20.00 horas, tocará levar ao terreo os coñecementos adquiridos coa poda en seco de froiteiras de óso e de pebida. A práctica proseguirá no 5 de maio coa poda en verde para concluír no 31 de agosto coa poda de cerdeiras.

No que respecta ao curso de enxerto, impartirase no 10 de marzo e no 1 de setembro, de 16.00 a 20.00 horas, en parcelas.

En ámbolos casos ofértanse 15 prazas, que se cubrirán por orde de entrada. Cómpre formalizar a inscrición de maneira telemática en medioambiente@apobra.gal ou presencialmente no Departamento do Medio Ambiente.

Outros artigos

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.