A Pobra aborda temas de actualidade nas VIII Xornadas Muller e Ciencia

11 Febreiro 2023

A oitava edición das Xornadas Muller e Ciencia levou á Pobra do Caramiñal tres temas de
actualidade no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora cada 11 de febreiro. A dita iniciativa naceu anos para pór en valor o traballo das mulleres no ámbito científico e da investigación.
“Sabemos da invisibilidade da muller ao longo da historia e queremos poñer enriba da mesa o seu papel no ámbito científico”, indicou a concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra), antes de proceder cos
coloquios a cargo de expertas do ámbito da medicina, as matemáticas e a enxeñaría agrónoma.
Lola Ferreiro, feminista e doutora en Medicina, iniciou os simposios con A saúde das mulleres, maltratada polas violencias de xénero institucionais, no que analizou as violencias exercidas polas institucións por acción ou omisión. Ofreceu así unha panorámica sobre como a saúde das mulleres está influenciada por factores estruturais, culturais, sociais e individuais; todos eles atravesados polo xénero. A relatora conta cunha ampla experiencia no eido da investigación sobre a saúde mental dende unha perspectiva de xénero e participante en numerosas palestras sobre saúde, violencia de xénero e memoria das mulleres.
Sobre como botar man dos números para reduci-la contaminación ou apostar polas enerxías renovables ocupouse Rocío Vega en Unhas ecuacións que nos baixan os fumes. A matemática de formación, investigadora e actual responsable de Dixitalización en Reganosa, deu a coñecer entre o público ferramentas que axudan a mellora-la eficiencia enerxética e avanzar cara á descarbonización.
E, por último, tocou falar de autosuficiencia e resiliencia en Crises e espolios, con Begoña de Bernardo, quen é enxeñeira agrónoma, activista, divulgadora, presidenta da asociación Véspera de Nada e membro da Rede para o Decrecemento. Segundo apuntou, o esgotamento dos combustibles fósiles e o cambio climático son as dúas caras dunha mesma moeda. Avoga, polo tanto, a mirar a crise dende un punto de vista ecofeminista pois o noso planeta é finito, con recursos limitados, e cun ritmo de vida con tendencia ao crecemento exponencial.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...