A escritora Fina Casalderrey visita este mércores o CIFP de Coroso para manter un encontro literario co alumnado

14 Febreiro 2023

Este mércores 15 de febreiro, ás 12.00 horas, o CIFP de Coroso (Ribeira) acollerá un encontro coa escritora galega Fina Casalderrey, sen dúbida unha das grandes representantes das letras galegas das últimas décadas, cunha dilatada carreira profesional e literaria e cunha carreira adicada aos libros (especialmente infantís e xuvenís) que complementou coa autoría de guións audiovisuais e como integrante da Real Academia Galega (RAG).

O encontro literario con Fina Casalderrey foi posíbel grazas ao financiamento do Ministerio de Cultura, contando coa organización do Equipo de Dinamización de Lingua Galega, o Equipo de Dinamización da Biblioteca e o Departamento de Orientación do CIFP de Coroso. A escritora manterá un faladoiro co alumnado de FPB, cita que estará aberta á participación de 60 alumnas e alumnos, que poderán coñecer de primeira man a obra da autora ao longo dunha hora e media.

A autora

Xosefa Casalderrey Fraga, máis coñecida como Fina Casalderrey, nada en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951, é unha escritora, profesora de educación secundaria, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante e periodista galega. Ademais, é unha das escritoras máis importantes da historia da literatura infantoxuvenil galega. Mestra, diplomada en Lingua e Literatura e membro da Real Academia Galega, a súa é unha traxectoria fértil coma poucas e chea de recoñecementos.

Autora de máis de medio cento de títulos, algúns dos libros que publicou ao longo destes últimos cinco lustros convertéronse en obras referenciais que se reeditan e extractan unha e outra vez. É o caso de Dúas bágoas por máquina (1992) ―Premio Merlín―, O misterio dos fillos de Lúa (1995) ―Premio O Barco de Vapor e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil―, O estanque dos parrulos pobres (1996) ―Premio Edebé de Literatura Infantil― ou A lagoa das nenas mudas (2007) ―Premio Frei Martín Sarmiento―, entre moitas outras.

Traducida a máis dunha ducia de idiomas, incluído o braille, ten desenvolvido tamén un destacado labor no eido do fomento da lectura e a renovación pedagóxica do ensino, amais de promover o teatro escolar e a investigación etnográfica no ámbito educativo.

Outros artigos

O Nadal vivirase tamén nas parroquias da Pobra

As parroquias do termo municipal da Pobra do Caramiñal gozarán tamén de actividades de Nadal dirixidas á rapazada que impulsa a Concellaría da Participación Veciñal. A edil Amparo Cerecedo manifestou que o se busca é “descentralizar as accións lúdicas do núcleo urbano...

+

Este sábado celébrase en Araño a segunda edición da Muiñada do Te

Este sábado 2 de decembro imos ter unha actividade cultural, medioambiental e family-friendly na parroquia de Araño, en Rianxo. Estamos a falar da segunda edición da Muiñada no Te, organizada pola Asociación Veciños Araño en colaboración co Concello de Rianxo e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...