A Deputación financia con máis de 300.000 euros o proxecto de equipamento escénico do novo auditorio do Concello de Ribeira

24 Febreiro 2023

A Deputación da Coruña financiará o proxecto de equipamento escénico para o novo auditorio de Ribeira con máis de 300.000 euros, segundo o convenio de cooperación entre o ente provincial da Coruña e a Administración ribeirense que vén de ser aprobado por unanimidade no pleno deste 24 de febreiro. O novo inmóbel, segundo salientou a entidade provincial, permitirá dar servizo a unha poboación de preto de 28.000 habitantes, para o desenvolvemento cultural e social a través de representacións teatrais, concertos, recitais, conferencias, etc. En total, a Deputación investirá o 80% do proxecto (300.788,22 euros) dun orzamento total de 375.985 euros.

Valentín González Formoso no pleno deste venres na sede da Deputación

O proxecto, engadiu a institución provincial, “permitirá ao novo auditorio dispor dunha infraestrutura escénica necesaria para acomodar aquelas representacións propias do inmóbel grazas a un equipamento que incluirá una maquinaria escénica, vestido escénico, novo sistema de iluminación e son, na sala principal, e un sistema de vídeo-proxección na sala polivalente”.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o firme compromiso coa cultura que mantén o organismo provincial, que neste caso se plasma cun importante investimento. “Amosamos, de novo, o noso compromiso coa cultura na provincia, que segue máis que vixente como podemos ver aquí, en Ribeira, grazas a este convenio de cooperación que permitirá achegar moitas actividades, obras e actuacións culturais nun espazo que será de referencia para toda a contorna”, apuntou, engadindo que co dito investimento farase posíbel a creación dun “innovador sistema de maquinaria escénica de elevación proxectado para o escenario que sustentará os panos, decorados e equipos de iluminación da sala”. Por outra banda, o vestido escénico contemplado no proxecto disporá dunha boca escénica formada por unha embocadura móbil con un bambalinón e un pano de grandes dimensións. En canto ao sistema de iluminación, estará composto por 4 dimmers, unha mesa de control de iluminación, oito proxectores RGBW, oito recortes LED branco e un cabreado DMX.

O sistema de son de última xeración será capaz de axustar acústica de cada espectáculo para a correcta audición dos eventos con equipos de reprodución, procesamento e amplificación. O sistema contará con altofalantes suspendidos, unha mesa de son e catro amplificadores no escenario.

Ademais, a sala polivalente contará cun sistema de vídeo proxector e unha pantalla de 15 m² cun sistema de son móbil e conexión sen fíos.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.