A Deputación da Coruña adica 500.000 euros a actividades desenvolvidas en museos, bibliotecas e centros culturais

13 Febreiro 2023

Medio millón de euros é a cantidade que anunciaba o departamento de Cultura da Deputación da Coruña que será encamiñada a financiar as actividades de fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas.

Estamos a falar de axudas que permitirán que cada entidade beneficiaria opte a un importe que irá dos 1.500 euros até os 30.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes remata o 10 de marzo.

O obxectivo deste programa será o de promover a accesibilidade social, física e intelectual aos contidos culturais dos museos, centros de interpretación, bibliotecas e fundacións; apoiar a diversidade cultural e lingüística; impulsar a inclusión da perspectiva de xénero nas liñas de actuación; fomentar os proxectos de creación contemporánea arredor do patrimonio cultural custodiado; ou favorecer actuacións de sensibilización arredor do valor do patrimonio cultural e a función social.

Engadir que tanto as solicitudes como o resto da tramitación desta convocatoria realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesíbel dende a sede electrónica da Deputación.

As bases da convocatoria están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 3 de febreiro e pódense consultar e descargar na seguinte ligazón.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.