A Deputación completa as obras de renovación da capa de rodaxe da estrada DP 1105 en Noia e prepara unha seguinte fase en Boiro

13 Febreiro 2023

A Deputación da Coruña ultima estes días os derradeiros detalles das obras de renovación da capa de rodaxe dos primeiros 5,5 quilómetros da estrada provincial DP-1105, que conecta os municipios de Noia, Boiro e Lousame, e que supuxeron un investimento cercano aos 600.000 euros.

O portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández, visitou esta mañá a zona acompañado pola deputada Sandra González. Na visita estivo tamén o alcalde de Boiro, José Ramón Romero.

Fernández destacou “a importante mellora da seguridade nesta primeira fase das obras dunha estrada clave para a vertebración desta comarca, que ademáis rexistra un importante volume de tráfico”, unha actuación que enmarco una “aposta da Deputación pola mellora e conservación dunha ampla rede vial que suma máis de 2.100 quilómetros na provincia”.

Bernardo Ferbández destacou tamén que a Deputación pretende “continuar cunha segunda e terceira fase”, renovando tamén o firme  tramo que atravesa polo termo municipal de Boiro. “Xa estamos traballando nestes proxectos e noutros de gran importancia nesta comarca como a estrada de Bribes en Boiro, que xa está en execuión”, apuntou.

Pola súa banda, o alcalde de Boiro, saudou o anuncio de que as obras da DP 1105 terán continuidade no municipio xa que “se trata dunha vía de comunicación estratéxica na comarca, que conecta as rías de Muros-Noia e de Arousa, cunha grande afluencia de tráfico”

“É unha estrada de vital importancia, xa que é a saída natural de Barbanza cara o norte da provincia e cara a provincia de Pontevedra”, afirmou Romero, que demandou que o proxecto teña en conta no tramo Cabrales-Moimenta, unha mellora do alumeado ou cando menos a instalación de captafaros para mellorar a seguridade nun tramo afectado con frecuencia polas néboas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...