A autorización de vertido de augas residuais depuradas de San Finx conta con todas as garantías e que esta non permite a actividade mineira

22 Febreiro 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinalou hoxe no Parlamento que a autorización de Augas de Galicia do vertido de augas residuais depuradas da mina de San Finx se axusta escrupulosamente ao establecido na normativa vixente de aplicación e que a súa tramitación se desenvolveu con todas as garantías para as partes implicadas.

Do mesmo xeito, lembrou que a autorización do vertido non permite o desenvolvemento da actividade mineira nese punto da explotación. Tal e como apuntou o vicepresidente primeiro da Xunta, para poder levar a cabo a fase de explotación mineira na planta quinta e inferiores, que están inundadas, o titular dos dereitos debe presentar e tramitar a actualización de proxectos, e esta autorización debe someterse previamente á tramitación ambiental.

A autorización do vertido está supeditada ao cumprimento de 18 requisitos para a correcta xestión das medidas de depuración e á atención estrita das normas de calidade ambiental e farase un seguimento e control exhaustivo para evitar a afección do río Pesqueiras ou rego de Rabaceiros.Conde lembrou que a Xunta traballa a prol dunha minería responsable e sostible, que cumpra escrupulosamente coa normativa vixente e cos parámetros de calidade ambiental establecido.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.