A Aula CeMIT de Boiro comeza marzo formando á veciñanza en ofimática con LibreOffice

27 Febreiro 2023

A Aula CeMIT do Concello de Boiro vai comezar marzo con novas actividades de formación tecnolóxica, destinadas (neste caso) a capacitar á veciñanza en ámbitos como a ofimática ou o uso de ferramentas dixitais de xestión empresarial. De feito, a axenda para marzo e abril porá o foco nas posibilidades de LibreOffice, a suite libre de ofimática. En todos os módulos de formación ofertados haberá posibilidade de examinarse para obter un certificado oficial ao remate de cada curso.

Vaise impartir formación en Competencias dixitais en procesador de textos Writer, do 7 ao 15 de marzo en horario de 10.30 a 12.00 horas, e tamén Competencias dixitais en folla da cálculo Calc entre o 20 e o 29 de marzo de 10.30 a 12.00 horas.

Ademais, convocáronse obradoiros en Competencias dixitais en base de datos con Base, do 10 ao 20 de abril entre as 10.30 e as 12.00 horas, e en Competencias dixitais en elaboración de presentacións con Impress, do 24 ao 26 de abril de 10.30 a 12.00 horas.

Para más información e para formalizar as inscricións nos cursos na Aula CeMIT do Centro Social de Boiro, cómpre enviar un enderezo electrónico a axentetic@boiro.org ou contactar coa aula a través dos teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.