A ABE dá a coñecer as persoas gañadoras dos Bonos Boiro Romántico

15 Febreiro 2023

Na mañá deste 15 de febreiro celebrouse na sede da ABE (Asociación Boirense de Empresarios) o sorteo dos premios da Campaña de San Valentín celebrada entre o 3 e o 14 de febreiro co obxectivo de “premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados”. Nesta ocasión os premios a sortear (Bonos Boiro Romántico) foron dúas experiencias en Boiro para dúas persoas que poden incluír dende xantar, sobremesa, café, tomar algo, cear, baile e copas, aloxamento ou mesmo ata un taxi para desprazarse. “Son dúas experiencias totalmente configurábeis ao gusto das parellas premiadas”, informou a ABE.

Para participar no sorteo os clientes debían rexistrar os tíckets de compra de calquera negocio asociado a ABE na web www.abe.gal entre as datas indicadas e foron 699 os rexistros válidos entre os que se realizou o sorteo.

As persoas premiadas foron Teresa por unha compra realizada en JEALSA Factory Shop e Carla Romero por unha compra realizada en Deportes Sr Balón.

Nos próximos días a ABE contactará cos premiados e fará entrega dos bonos románticos que “poderán configurar ao seu gusto” e “que non teñen caducidade”, informou a patronal boirense, que lembra que “todos os tíckets rexistrados tamén acumulan puntos para cambiar por agasallos do catálogo de premios ABE durante todo o ano”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.