A ABE celebra San Valentín coa campaña Boiro Romántico e sorteos de experiencias para dúas persoas

02 Febreiro 2023

A ABE (Asociación Boirense de Empresarios) pon en marcha este venres de 3 de febreiro unha nova campaña de promoción con motivo da festividade de San Valentín (14 de marzo) co obxectivo de p”remiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados”.

Nesta ocasión os premios son dúas experiencias románticas en Boiro para dúas persoas que poden incluír dende xantar, sobremesa, café, tomar algo, cear, baile e copas, aloxamento ou mesmo un taxi para desprazarse. “Serán dúas experiencias totalmente configurábeis ao gusto das parellas premiadas”, explican dende ABE, engadindo que para participar no sorteo os clientes deben rexistrar os tíckets de compra de calquera negocio asociado a ABE na web www.abe.gal entre o 3 e o 14 de febreiro e o sorteo realizarase o mércores 15 de febreiro.

A patronal boirense lembra que os tíckets que se rexistren para esta campaña tamén acumulan puntos ABE para cambiar por agasallos do catálogo.

Esta campaña conta con financiamento da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...