O PSdeG lembra este venres na Pobra cun acto político os 20 anos do Prestige coa proxección dun documental

08 Febreiro 2023

O PSdeG realiza un acto político este venres día 10 ás 19.30 horas, no Teatro Elma da Pobra do Caramiñal, que tratará de reunir a xente de todo o Barbanza, no que se proxectará o documental Prestige, 20 anos despois, realizado polo equipo de comunicación de PSdeG como “un exercicio de partido e do que
Patricia Lojo reivindica a súa importancia para “non esquecer” a xestión do PP daquela catástrofe.
O acto contará coa secretaria xeral da agrupación socialista local e concelleira de cultura, Patricia Lojo, que reivindicou a importancia de “facer memoria colectiva cun evento moi importante para todo o país” e para a súa comarca en especial, así como que as novas xeracións coñezan o que pasou. Do mesmo xeito, resaltou que buscan que non se esqueza a xestión dos populares naquela catástrofe, para que non se volva a repetir.
Tamén contará co coordinador comarcal, Luis Ruiz, e en representación da dirección galega do PSdeG, Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía, presidente da FEGAMP e secretario de política municipal da executiva nacional dos socialistas.
No teatro Elma proxectarase tamén o documental realizado polo equipo de comunicación dos socialistas, que conta o sucedido dende a visión dos protagonistas, repasando o inicio da catástrofe, a xestión política, a mobilización cidadá e o poso que deixou na sociedade galega esta experiencia.
O documental, que busca facer “cultura de partido”, conta coa participación de figuras destacadas dos socialistas galegos naquela época, como o expresidente Emilio Pérez Touriño ou a exconselleira de Pesca, Carmen Gallego, así como o actual secretario xeral, Valentín González Formoso.
Trala proxección haberá un coloquio que contará con algún dos protagonistas, destacando entre eles a Manuel Maneiro, patrón maior da cofradía da Pobra no 2002, Loli Gómez, bateeira de Rianxo e presidenta de Mulleres Salgadas e Josefa Caneda, mariscadora histórica de Aguiño, así como o militante socialista máis antigo da Pobra, José Francisco Millán, que “saíu a coller chapapote coas súas mans” cando comezou a catástrofe.
Anunciaron tamén que a entrada será de balde e haberá uns petiscos ao finalizar o acto concibido polos socialistas da Pobra como un exercicio para recordar a importancia da unión do pobo e das consecuencias que pode ter a xestión do PP.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...