Volven en xaneiro os mercados eco-lóxicos de Boiro (os días 14 e o 28)

10 Xaneiro 2023

O Concello de Boiro, coa colaboración co Foro Ecolóxico de Boiro en materia de impulso e promoción, comeza o ano con novas actividades coas que reivindicar xeitos saudábeis e sustentábeis de consumir produtos agrícolas e de artesanía. Estamos a falar das novas edicións do seu Mercado Eco-lóxico programadas para este mes de xaneiro, que se celebran (e volven celebrarse co inicio de 2023) cada segundo e cuarto sábado do mes na praza do Centro Social de Boiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas. Haberá, unha vez máis, diferentes postos de venda con produtos frescos de horta local e de tempada, alimentación, artesanía, e artesanía de reciclaxe.

O Mercado Eco-lóxico de Boiro celébrase como dixemos os segundos e cuartos sábados do mes na Praza da Terceira Idade co obxectivo de potenciar o mercado de produtos ecolóxicos e de proximidade co obxectivo de establecer sinerxías entre este sector e os demais establecementos de hostalaría e comercio do municipio.
En xaneiro desenvolveranse os días 14 e 28, a partir das 10.00 horas.

Outros artigos

A ABE colabora coa campaña de Nadal de AGADEA Alzhéimer en Boiro

Na mañá deste venres 1 de decembro, usuarios e técnicos da Asociación Galega de Axuda aos Enfermos de Alzhéimer (AGADEA) achegáronse as oficinas da ABE (Asociación Boirense de Empresarios) para entregar 50 bólas decorativas elaboradas a man polas persoas participantes...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...