Unha muller foi trasladada con síntomas de intoxicación por inhalación de fume despois de incendiarse a cociña do seu piso en Boiro

08 Xaneiro 2023

A muller afectada foi evacuada ao Punto de Atención Continuada da localidade, tras arder a campá extractora e producirse diversos danos materiais na cociña da casa.

Os feitos sucederon nun edificio da rúa Pablo Iglesias, ao fío das 3:30 horas da pasada noite. Nese momento, un veciño do inmoble alertaba ao 112 Galicia do incendio.

Axiña, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, da Garda Civil, do Servizo Municipal de Protección Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Boiro.

Outros artigos

Na Pobra o espírito do Nadal xa se vive no CAD

Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos...

+

O Nadal vivirase tamén nas parroquias da Pobra

As parroquias do termo municipal da Pobra do Caramiñal gozarán tamén de actividades de Nadal dirixidas á rapazada que impulsa a Concellaría da Participación Veciñal. A edil Amparo Cerecedo manifestou que o se busca é “descentralizar as accións lúdicas do núcleo urbano...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...