Este xoves sométese a pleno o plan para dotar a Boiro de instrumentos específicos para loitar contra os lumes e protexer bens e persoas

24 Xaneiro 2023

O Concello de Boiro propón para o seu debate en pleno (este xoves 26) e aprobación do Plan Forestal Municipal, un documento elaborado por un equipo técnico que, en palabras do Goberno municipal, “resume e sintetiza os pasos a seguir para a extinción e prevención contra os incendios forestais”. Inclúe, máis polo miúdo, os protocolos de actuación a seguir para a prevención e extinción de lumes e a relación pormenorizada dunha serie de franxas secundarias forestais de 50 metros xo carón de núcleos de poboación, casas illadas ou outras edificacións nas que non se poderá dispoñer de pinos, eucaliptos ou acacias.

“Contar con franxas preto das vivendas supón unha protección natural aos incendios forestais, salvagardando bens e persoas”, afirmou o concelleiro de Medio Ambiente, Raúl Treus, engadindo que “un dos principais problemas de cara á prevención e extinción dos lumes é o abandono de fincas por parte de propietarios e herdeiros, ao non acometer as tarefas de limpeza, xa que se acumula moita biomasa o que supón un perigo en caso de lume”. Segundo explicou, “coa delimitación das franxas secundarias neste plan e segundo establece a Lei de incendios forestais, os propietarios están obrigados a manter coidadas as fincas”.

A comezos do pasado ano 2022 o Concello de Boiro, ante a primeira delimitación de franxas secundarias realizada pola empresa pública SEAGA en parroquias consideradas de alto risco de incendios como son Cures e Macenda, puxo a disposición dos veciños e veciñas un programa mediante o que os propietarios poden solicitar árbores autóctonas para a súa plantación e actuar na prevención dos lumes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.