Servizos Sociais de Dodro mellorará as prestacións á veciñanza co POS Social da Deputación

18 Xaneiro 2023

O deputado provincial Xosé L. Penas visitou o Concello de Dodro da man do concelleiro da Área de Servizos Sociais e Benestar, Xoán Bautista Mariño. Na súa xuntanza de traballo abordaron cuestións de urxencia para a Administración local nas que ten marxe de actuación a Deputación da Coruña. Tamén confirmaron que coa achega do Plan de Obras e Servizos (POS) Social 2023 da entidade provincial, 33.153,51 euros, aprobado no pleno da Deputación da Coruña, Servizos Sociais de Dodro reforzará o persoal municipal e mellorará as prestacións á cidadanía. Amais, actualizarase o equipamento informático do Concello e as súas diferentes dependencias.

Outros artigos

Dodro organiza este domingo 4 de outubro unha xornada micolóxica

Este 4 de outubro (domingo) a veciñanza de Dodro ten unha cita cos cogomelos. Será unha xornada micolóxica organizada polo Concello para aprender e recoller diferentes tipos de cogomelos e coñecer as súas principais características para telos sempre identificados e...

+

O BNG de Dodro demanda máis persoal municipal

Desde o principio do mandato o BNG de Dodro está trasladando aos gobernos locais e autonómico a preocupación veciñal polo que é, nas súas palabras, "unha falta de investimento en Dodro" e "unha falta limpeza e asfaltado ao longo da estrada da Xunta AC-305 que vertebra...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.