Rianxo acolle esta semana catro grandes actividades culturais abeiradas aos Actos Castelao 2023

18 Xaneiro 2023

A axenda cultural de Rianxo comezou con forza o 2023. Isto queda patente no programa de actividades para esta terceira semana de xaneiro, actividades organizadas pola Área Cultural do Concello ao abeiro dos Actos Castelao 2023, programa co que se celebran, reivindican e honran as contribucións do autor de Cousas e Retrincos e, por extensión, a nosa cultura.

Damos conta da listaxe de actividades desta semana:

XOVES 19 DE XANEIRO

20:00 h, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro)

Preestrea, A Nai a cargo de Amorodio Teatro

As e os integrantes de Amorodio Teatro

VENRES 20 DE XANEIRO

20:30 h, Centro Sociocultural-Auditorio, Salóns de Actos (1º andar)

Presentación do poemario Diorama, de José Carou Rey

Acompañando o escritor, estarán Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, o ilustrador Salvador Laíño, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia

SÁBADO 21 DE XANEIRO

20:30 h, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro)

Concerto A música de onte e hoxe, a cargo do grupo Onte e hoxe

EXPOSICIÓN:

Do 3 de xaneiro ao 1 de febreiro,

Centro Sociocultural-Auditorio (sala de exposicións)

XVI Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica da Deputación Provincial da Coruña

Máis información nos carteis anexos e no sitio web do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...