Raquel Queizás convídanos a viaxar polo mundo enteiro con Historias dunha maletra (este luns en Boiro)

02 Xaneiro 2023

Este luns 2 de xaneiro a Carpa Solidaria instalada no centro urbano de Boiro, na praza de Galicia, acolle un espectáculo da escritora e contadora Raquel Queizás para público infantil e familiar: a función Historias dunha maletra. Será ás 18.30 horas deste luns.

Historias dunha maletra é un convite para que as nenas e nenos se mergullen en diferentes culturas e nos diversos costumes de pobos e países situados en todos os continentes. Os nenos asistentes terán o privilexio de viaxar polo mundo enteiro e escoitar lendas e historias antigas que lles axudarán a redescubrir a propia historia e cultura galega, que para moitos nenos e nenas aínda é descoñecida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...