Publicadas na web municipal de Ribeira as bases dos concursos de Entroido impulsados polo Concello

13 Xaneiro 2023

O Concello de Ribeira pendurou na web municipal as bases bases do concurso, desfile e festival de murgas, comparsas e carrozas de Ribeira (en formato PDF), aprobadas este xoves 12 de xaneiro en comisión de Goberno e cuxo prazo de inscrición dará inicio unha vez sexan publicadas no Boletín Oficial da Provincia.

Segundo informou o Concello, as bases desta actividade local do Entroido en Ribeira veñen con novidades. Entre elas, a incorporación da categoría de carrozas e a separación entre o festival infantil (que será o sábado) e o concurso de murgas, comparsas e carrozas dos adultos, que se celebrará o domingo 19 de febreiro pola tarde. Pola súa banda, o festival das murgas e comparsas infantís será o sábado 18 de febreiro, ás 18 h no auditorio municipal).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...