Unha parcela en Aguiño acollerá o Centro de Deportes Náuticos e a sede do Club de Remo que terá 1.065 metros cadrados repartidos en dous andares

19 Xaneiro 2023

Portos de Galicia, en solicitude do Concello de Ribeira, sacou finalmente a concesión dunha parcela en Aguiño para a construción do Centro Municipal de Deportes Náuticos e a sede do Club de Remo. A información da concesión ao Concello do dito predio en Aguiño foi feita pública este 19 de xaneiro. Así sae referido no Diario Oficial de Galicia, onde se anuncia (segundo un acordo tomado o pasado 28 de novembro) a apertura dun período de 20 días hábiles para que as persoas interesadas poidan examinar o expediente e presentar aquelas alegacións que consideren oportunas.

Concretamente, a superficie demandada polo Concello comprende un total 1.117 metros cadrados para unha parcela que ten unha superficie total de 2.235 metros (achégase plano adxunto). O terreo atópase urbanizado, sen desnivel destacábel, con todos os servizos de saneamento e abastecemento ao pé da mesma, e “o centro non tería un impacto visual relevante”, especificou o Concello, engadindo que “de acordo co proxecto elaborado pola empresa Oxil Arquitectura, o centro tería unha superficie útil de 1.065 metros cadrados, repartidos en dous andares, deixando o resto de espazo para permitir manobras, prazas de aparcamento e futuros crecementos”.

O andar baixo contará cun espazo para o almacenamento de embarcacións, así como á entrada ao club de remo, localizándose no mesmo o hall, o foso de remo e a recepción. No andar primeiro disporase un salón multiusos, despacho, baño adaptado, ascensor, vestiarios, ximnasio, zona fitness e cardio. A obra ten un orzamento de 1.210.000 euros, IVE incluído.

Como valor engadido, salientar que dentro das obras de remodelación da fronte de Aguiño que se están a realizar no marco da EDUSI Máis Ribeira Atlántica, vanse situar nas proximidades novas instalacións públicas de pump track e calistenia, que poderían servir de apoio complementario ao centro.

O Concello de Ribeira lembrou tamén que o Executivo local e Club de Remo estableceron de consenso esta localización en maio do ano pasado, logo de que non prosperasen outras alternativas e “inmediatamente dende o Goberno de Ribeira comezamos as xestións e reunións para poder ocupar unha superficie sobre a que xa tiña solicitado con anterioridade unha declaración de interese”, engadiron dende o Consistorio.

Outros artigos

Cáritas Ribeira segue coa recollida solidaria de alimentos

Cáritas Ribeira segue coa recollida de alimentos que durará todo o mes, excepto Gadis que o fará ata o día 16 pero actualmente en trámites de ampliación. Cáritas Ribeira segue coa recollida de alimentos, unha campaña que durará todo o mes. A organización busca axudar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política”. José Manuel Pena

“Valentía política”. José Manuel Pena

Salen de sus hogares, todas las semanas, en busca de alimentos, medicamentes, bonos para viajes o alguna que otra ayuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acuden a alguna ong ó entidad social que las ayudan desde hace décadas e incluso, a algunas de...

“La felicidad”. José Antonio Constenla

“La felicidad”. José Antonio Constenla

En este mundo tan dado a poner días, etiquetas y estadísticas a la vida, lafelicidad no podía ser menos y la Red de Soluciones para un DesarrolloSostenible, dependiente de Naciones Unidas, ha establecido una serie decriterios que permiten medir si un país ofrece...