Protección Civil e Emerxencias de Boiro atendeu máis de medio cento de incidencias producidas polo temporal

03 Xaneiro 2023

O servizo de Protección Civil e Emerxencias do Concello de Boiro atendeu durante os últimos días máis de medio centro de incidencias producidas polo temporal. Segundo fontes do Consistorio, os fortes ventos e choivas produciron caídas de árbores, asolagamentos e tamén cortes de luz por caídas do tendido eléctrico.

No balance de dispositivos e danos faise saber tamén que “o temporal producido durante a fin de semana fixo que se rexistrasen numerosas incidencias en diversos puntos do municipio”. Así, o servizo municipal tivo que asistir en varias ocasións para “desobstruír estradas pola caída de árbores”, así como “atender desprendementos de tellas ou outros elementos que podían supoñer un perigo para os viandantes e a circulación”.

O alcalde José Ramón Romero engade que “a rápida resposta dos servizos de emerxencia fixo que non se producisen maiores complicacións nin que tivésemos que lamentar grandes danos”.

O servizo municipal de Protección Civil e Emerxencias do Concello de Boiro presta servizo as 24h do día para atender urxencias e outras emerxencias, así como a coordinación da seguridade en probas ou eventos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.