Dende o Concello de Porto do Son e a Asociación de Empresarios de Portosín lembran que segue activa, até o 6 de xaneiro (Día de Reis) a campaña de Nadal da AEP, destinada impulsar a actividade comercial na vila durante estas datas ao tempo que se premia o compromiso da veciñanza co sector local, con todas as vantaxes que isto pon en xogo (xérase riqueza no concello, garántense postos de traballo, foméntase o comercio sustentábel e de calidade e evítanse desprazamentos, entre outros beneficios). Na campaña cada cliente que faga unha compra nos locais asociados entrarán nun gran sorteo de 500 euros.
Ata o 6 de xaneiro poderemos participar na campaña e, ademais, o día 7 celebrarase o sorteo do premio de 500 € na Casa da Cultura de Portosín ás 16:30 h. aberto a toda aquela persoa que queira asistir. Un dos lemas da campaña é Mercando no teu pobo gañamos todos.




