“Piratas do mar” – José Manuel Pena

24 Xaneiro 2023

Que os mares e océanos son un patrimonio universal para goce e a supervivencia de todos os habitantes do planeta parece que non o teñen moi claro moitas multinacionais ou empresas pesqueiras que se dedican a buscar o seu lucro persoal á conta de utilizar artes prohibidas e exercer a pesca ilegal en zonas de especial protección.

Segundo a CCAMLR, que é un organismo internacional para a protección dos recursos, da flora e fauna, dun dos poucos lugares virxes do planeta, que é a Antártida, hai certos pesqueiros, entre eles algúns españois, que se dedican a meter man ao bacallau negro, en zonas prohibidas, a través da utilización de redes ilegais que esquilman todo canto hai no fondo. É sabido que nesta zona do planeta faenan decenas de buques de pesca de moitos países do mundo enteiro. Por iso ao ser a Antártida unha zona sen dono hai un acordo internacional, entre países, para protexer a enorme riqueza do lugar.

Como en case todo, na vida, sempre hai os listiños que non se preocupan máis que de aumentar as súas riquezas á conta de danar o ecosistema natural (capturas ilegais) e poñendo en risco a vida de persoas inocentes (tripulantes). Estes armadores ou propietarios dos buques están nas súas casas, mentres tanto os tripulantes xóganse a vida pescando en zonas prohibidas e con artes ilegais.

Se os buques son detidos polas patrulleiras de vixilancia quedan sen barco. Logo compran outros máis económicos que non cumpren coas condicións mínimas de seguridade. Se todo sae ben, estas empresas armadoras, (non os tripulantes) poden obter unhas ganancias do 90% do investimento. Todo vale con tal de sacar suculentos beneficios. Teñen que manter o status social aínda que sexa á conta de exercer, profesionalmente, como “piratas do mar”.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.