Outes solicita o arranxo inmediato da AC-550 ao seu paso polo concello

24 Xaneiro 2023

O Concello de Outes vén de solicitarlle á Xunta de Galicia que realice unha actuación urxente na AC-550, no tramo que conecta a ponte nova de Seilán e a localidade do Freixo, e que transcorre pola Serra de Outes e polo Cruceiro de Roo. Segundo indicou o alcalde, Manolo González, xa en 2020 se abordou a necesidade de mellorar o firme desta estrada, tanto en reunións mantidas co director xeral de infraestrutruas Francisco Menéndez como coa conselleira, Ethel Vázquez, sen que se realizara ningunha actuación de mantemento até o momento. Dende o goberno municipal indican que se está a producir unha total deixadez co coidado da que é a principal vía de comunicación que estrutura o concello e pola que circulan centos de vehículos diariamente. González apuntou que a consellería amosa unha absoluta falta de empatía coa veciñanza de Outes, e recordou que tamén está pendente rematar o arranxo da AC-196 “que se fixo só parcialmente”. Finalmente lembrou que o proxecto de mellora e humanización da avenida de Fisterra, na Serra de Outes, segue en stand by e nada se sabe del dende que a primeiros de 2020 saíra á información pública.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...