Os Reis Magos visitarán as dez parroquias de Porto do Son ao longo de todo o día

03 Xaneiro 2023

Aviso a pequenos e maiores: os Reis Magos visitarán todos os concellos da nosa comarca e Porto do Son, dende logo, non ía ser unha excepción. Concretamente, As Súas Maxestades teñen argallado un percorrido que os vai levar por todas as parroquias (dez) do termo municipal ao longo da xornada do 5 de xaneiro.

O periplo da comitiva real rematará na fachada marítima da vila sonense, acompañada (e acompañando) da ruada A Raíña do Nadal. Dende o Concello recomendan á veciñanza que tomen nota dos horarios aproximados do itinerario e as súas paradas.

#Miñortos / Igrexa >>> 10:00h – 10:20h

#Portosín / Praza do Curro >>> 10:35h – 11:00h

#Nebra / Local da Comunidade de Montes >>> 11:30h – 12:00h

#Noal / Fronte á fonte de Cabanela >>> 12:20h – 12:40h

#Baroña / Bar 85 >>> 13:00h – 13:15h

#Queiruga / Casa da Cultura >>> 13:30h – 14:00h

#Caamaño / Casa da Cultura >>> 16:00h – 16:30h

#Xuño / Casa da Cultura >>> 16:45h – 17:10h

#SanPedro / Casa da Cultura >>> 17:25h – 17:50h

#PortoDoSon / Comezo da ruada ás 18:10h

Nota importante: O Concello explica tamén que “debido á estrutura do vehículo, só se realizarán paradas nos puntos de encontro indicados. As nenas e os nenos que o desexen poden entregar as súas cartas ás Súas Maxestades nos puntos de encontro establecidos”. Dende o Consistorio tamén aconsellan seguir a información publicada nas redes sociais “por se houbera que facer algunha puntualización en función do tempo que teñamos ese día”.

Outros artigos

Minuto de silencio no Son polas vítimas de Urda

O Concello do Porto do Son acolleu onte a celebración dun minuto de silencio en homenaxe ás vítimas do tráxico accidente ferroviario de Urda. O Goberno e a Corporación do municipio adheriuse ao minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.