O Rotogal Boiro Voleibol tratará de blindar A Cachada no duelo fronte ao Barça Voleibol

20 Xaneiro 2023

M.A.- Nova oportunidade de estrear a marcadora de puntos para o O Rotogal Boiro Voleibol. Os de Emilio Palacio reciben este sábado 21 de xaneiro ao Barça Voleibol (ás 19.00 horas na Cachada), o sexto clasificado da Superliga. Os pasos para blindar o pavillón boirense e dar unha alegría á afección pasan por incrementar a contundencia ofensiva e ofrecer a mellor versión do curso.

O Rotogal Boiro Voleibol mantén a dúbida de Martín Casais, que se atopa na recta final da recuperación dunha lesión no xeonllo. Os da Cachada, que están a brillar esta tempada en aspectos do xogo como a recepción, iniciaron a conta atrás no camiño cara á permanencia na Superliga.

Tras un bo inicio de tempada, o Barça Voleibol asentouse na zona cómoda da clasificación. O equipo azulgrana sumou dúas vitorias como visitante no que vai de curso; foi contra dous rivais directos do Rotogal Boiro Voleibol na loita por eludir o descenso: Palma (1-3) e Téxtil Santanderina (0-3). A pasada fin de semana, asinaron unha meritoria remontada contra o Arenal Emevé (3-2) despois de ceder os dous primeiros sets. O central Alexander Carabali e o receptor Yohan León foron incluídos no septeto ideal da xornada.

Precedentes

Tempada 2022-2023

Barça Voleibol, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 0.

Tempada 2020-2021

Barça Voleibol, 1-Rotogal Boiro Voleibol, 3.

Rotogal Boiro Voleibol, 0-Barça Voleibol, 3.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...