O Rotogal Boiro Voleibol estrea o ano na Cachada co derbi ante o Arenal Emevé

05 Xaneiro 2023

Miguel Álvarez.- Tras o parón do Nadal, o Rotogal Boiro Voleibol regresa á acción na Superliga co derbi galego contra o Arenal Emevé. Ambos os conxuntos mediranse pasadomañá ás sete da tarde na Cachada nun duelo ao que chegan en situacións clasificacións moi diferentes. Os boirenses iniciaron a conta atrás na carreira pola permanencia e perseguen sumar os primeiros puntos do curso diante da súa afección. Os lucenses, pola contra, selaron o mes pasado a clasificación para a Copa e navegan pola zona cálida da táboa.
O Rotogal Boiro Voleibol contará para o derbi de pasadomañá coa baixa de Martín Casais, que
xa se reintegrou nos adestramentos, pero aínda non pode competir. Si poderá participar Gaby do Carmen, a pesar de que aínda arrastra molestias no nocello.
Emilio Palacio, adestrador do Rotogal Boiro Voleibol, manifesta que “o saque vai ser bastante importante neste partido. E, se conseguimos ser máis contundentes en ataque, poderemos ter máis posibilidades. Os derbis motivan máis e necesitamos puntos, vai ser un partido especial”.
El Arenal Emevé, oitavo con 18 puntos, asentouse na zona tranquila da clasificación. Os lucenses, liderados por Víctor Bouza, contan coa achega do central Romaní e dos opostos Vitor Alves e José Luis Linares como valores máis importantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.