M. A.- Nova viaxe en busca dos primeiros puntos da tempada. O Rotogal Boiro Voleibol visita este sábado 14 de xaneiro, ás 19.00 horas no Pavillón Benicalap Sur, ao Léleman Conqueridor Valencia, un rival que se consolidou na zona alta da clasificación tras a primeira volta do campionato. O duelo antóllase complicado para os da Cachada fronte a un adversario que “só perdeu un partido como local no que vai de curso (contra o Río Douro Soria por 2-3)”.
En principio, o Rotogal Boiro Voleibol contará coa única baixa de Martín Casais, que, segundo fontes da dirección do club boirense, podería reaparecer a próxima fin de semana. Para bater ao Léleman Conqueridor Valencia, o técnico Emilio Palacio explica que será necesario que “o saque funcione ben e, sobre todo, elevar a efectividade en ataque, que é o aspecto que máis nos/nos está penalizando”.

O Léleman Valencia consolidouse na zona alta da clasificación tras un verán no que apontoou o persoal con xogadores importantes. O central Maximiliano Scarpin e o receptor Vicente Monfort, procedentes do Melilla, foron incluídos no equipo ideal da última xornada. Ademais, reforzáronse esta mesma semana coa incorporación do oposto Pablo Pérez, que procede do Xátiva de Superliga 2.
Precedentes
Tempada 2022-2023
Rotogal Boiro Voleibol, 1-Léleman Valencia, 3.
Tempada 2021-2022
Léleman Valencia, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 2.
Rotogal Boiro Voleibol, 3-Léleman Valencia, 0.



