O Entroido en Outes incluirá unha festa infantil, un baile no Centro Social, o Enterro da Sardiña e un gran concurso de disfraces

25 Xaneiro 2023

Dende a área de Cultura do Concello de Outes compartiron o cartel e a información sobre o programa de festexos que acompañan este ano a celebración do Entroido, un programa que vén completo e que ten unha marcada vertente creativa.

A axenda comezará oficialmente o sábado 18 de febreiro, no Pavillón da Serra de Outes, cunha gran festa para a rapazada que incluirá inchábeis, photocall, obradoiros e animacións. Desenvolverase entre as 17.00 e as 21.00 horas.

Ao día seguinte, domingo 19, celebrarase o Baile de Entroido de Outes, no Centro Social da Serra, a partir das 18.00 horas. A vertente musical virá da man do artista Martín.

As festas do Entroido en Outes culminarán o mércores 22 de febreiro coa tradicional celebración do Enterro da Sardiña. O evento virá acompañado dun concurso de disfraces con premios para as mellores contribucións nas categorías de infantil, individual, grupos e comparsas.

Quen desexe participar neste concurso pode facelo a través do formulario habilitado na web municipal, www.outes.gal. Este formulario deberá enviarse debidamente cumprimentado ao enderezo animacion@outes.gal. O prazo estará aberto até o 20 de febreiro, ou, tamén, até o m esmo día do concurso antes das 16.30 horas no Polideportivo da Serra.

A cualificación do xurado será no propio Polideportivo ás 17.00 horas.

O desfile do Enterro da Sardiña sairá da praza de Galicia e percorrerá as principais rúas da Serra até até a praza do Bosque, onde se procederá a queimar a Sardiña e concederanse os diferentes premios aos mellores disfraces. Nota: en caso de chuvia suspenderase o desfile.

Podemos consultar as bases do concurso na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.