“O desemprego e as presións sociais, causas maioritarias dos suicidios en España. Galicia rexistra o maior número destes”. Antón Luaces

28 Xaneiro 2023

O exalcalde de Ferrol, Xaime Quintanilla Ulla, político e médico, foi o primeiro alcalde desa cidade após a morte do tamén ferrolano Francisco Franco Bahamonde, xefe do Estado tras a Guerra Civil española (1936-1939). É o doutor Quintanilla (finado en 2002) autor do libro “El complejo mundo del suicidio”, publicado en 1994.

Xa antes deste ano, tiven a oportunidade de entrevistalo para falarmos desa visión/constatación de que a comarca da Ferrolterra era a que, en Galicia -e posiblemente en España- rexistraba o máis alto índice de suicidios incrementado, sen ningún tipo de dúbidas, pola crise do sector da construción naval iniciada nesta comarca nos anos 70 do século pasado (crise  que motivou a tráxica manifestación en 1972 na que a policía franquista disparou nas inmediacións da ponte das Pías contra os participantes na devandita protesta do sector do metal, matando aos sindicalistas Amador Rey e Daniel Niebla, afiliados á daquela clandestina central sindical CC.OO. e, en 1978, outra manifestación de máis de 30.000 traballadores, a maioría deles dos estaleiros Astano e Bazán e as compañías auxiliares destas, polo mesmo motivo: a falta de traballo nos estaleiros que anos antes daban emprego a milleiros de homes e mulleres de Ferrol e a súa comarca).

Ese libro do doutor Quintanilla Ulla levóume á consulta dun médico (sinto non lembrar o seu nome) daquele exercente coma tal  no concello de Moeche. Fun acompañado de Fernando Díaz Corujo, técnico de son de RCE. Na entrevista ao médico de Moeche, este ratificou a existencia na comarca de moitos suicidios e facilitou datos tan chamativos como o aforcamento mediante o uso de cordas empregadas para “chamar” o gando (sempre recén compradas, o que facía sospeitar ao vendedor da corda que, probablemente, quen adquiría esta era un candidato a suicida) ou que as poucas mulleres que se suicidaban na comarca, sempre usuarias de vestidos, optaban por se poñer pantalóns antes de se colgar dunha viga (no alboio ou no faiado da casa), ao parecer para que ninguén lle vira as pernas estando colgada.

ONCE SUICIDIOS DE MEDIA DIARIA EN ESPAÑA.

Galicia é a Comunidade Autónoma con maior índice de suicidios. As súas taxas de mortalidade superan os 10 por cada 100.000 habitantes.

Após a pandemia de coronavirus, a saúde mental convertéuse  nun problema social “que non só acaba cunha vida chea de sufrimento senón que deixa a entre 15 e 20 persoas do seu entorno completamente destrozadas”, segundo o informe da evolución do suicidio en España dende o 2000-2021, con especial significación no papel que a pandemia de Covid desempeñou -e mesmo desempeña aínda- .

Este informe foi presentado o pasado xoves pasado.

Curiosamente, as taxas  de  suicidio non deixan de medrar en España dende a crise no 2008-2014 e, de xeito exponencial, en 2018 (antes da pandemia). No ano 2021, 11 persoas optaban polo suicídio cada día no territorio español, cifra que representa un 6,6% máis ca no ano 2018 e que salienta a repercusión alcanzada pola pandemia.

A gran maioría dos que se suicidaron (3 de cada 4) eran varóns. A metade dos finados tiñan entre 40 e 65 anos.  Os adolescentes (entre 10 e 24 anos) representan o 5% dos falecidos por suicidio. Importante tamén é que máis do 57% dos suicidados que tomaron esta decisión son  españois, se ben entre os inmigrantes existe unha tendenza crecente de mortes por suicidio.

Os meses de verán son os que rexistran un maior número de falecidos por suicidio, sendo Galicia a comunidade autónoma con máis alto índice  de mortalidade pola devandita causa (máis de 10 por cada 100.000 habitantes), seguida de Asturias, Castilla y León, Aragón, Cataluña e Andalucía. As que menos, Madrid, Ceuta e Melilla (barállase que debido a que nestas existe unha poboación máis xove).

TERÁ QUE VER A IDADE COA DECISIÓN DE SUICIDARSE?.

Os investigadores coidan que resulta necesaria unha estratexia nacional contra o suicidio, con  recursos que permitan unha atención inmediata ás persoas con ideas suicidas e que conte co apoio da sociedade. É coñecido que as taxas de suicidios son superiores entre as persoas de maior idade, feito que nos últimos anos se mantén malia a constatación do incremento dos máis novos.

En maio de 2002, o Goberno de España, a través do ministerio de Sanidade, puxo en marcha una “liña de atención á conduta suicida”, o 024, atendida por especialistas en emerxencia da Cruz Vermella. Amáis, o Teléfono da Esperanza oferece axuda telefónica e psicolóxica  ininterrumpidamente para previr o suicidio.
A visión do suicidio está influenciada por cuestións como a relixión, a honra e o sentido da vida.   

En España non é un delicto o suicidio, máis sí se castiga  a súa facilitación por parte de terceiros. O artigo 143 do Código Penal español estabelece que o que induza ao suicidio doutro “será castigado con pena de catro a oito anos”.

DESEMPREGO E PRESIÓN SOCIAL.

O suicidio en España garda relación co desemprego e as presións sociais, entre outros problemas que poden desembocar nun diagnóstico de depresión. A taxa de suicidios en España é máis baixa ca media da Unión  Europea, que é de 10,75 persoas por cada 100.000. O ano 2020 foi o que máis suicidios rexistrou na historia de España dende que se teñen datos (1906).

Outros artigos

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

+

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...

+

“Pedir perdón, el valor de la palabra” – Manuel Domínguez

Se les pide que pidan perdón, (no se para que), que manifiesten un acto de fe, que se arrepientan, se le pide lo que ya se sabe que no se obtendrá. Yo personalmente en el juego del circo político, pediría mil perdones , si ello le satisface, al fin de cuentas, nada va...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...