O Local Leñaverde do Centro Social de Boiro vai acoller este sábado 4 de febreiro unha nova actividade do programa de saúde e divulgación Miscelánea en Movemento, impulsado dende o Concello. Trátase, máis polo miúdo, dun obradoiro de iniciación ao swing que será impartido por Carlos Tomico. Dará comezo ás 11.00 horas. As inscricións haberá que facelas mediante o Rexistro Municipal ou na sede electrónica do Concello. O swing, amais dun estilo de música, é un baile de improvisación e espontáneo a través do cal búscase mellorar a nosa condición física e, tamén, a nosa expresión corporal.




