O Concello do Son achega un orzamento de 11,77 millóns

12 Xaneiro 2023

Esta semana tivemos ocasión de coñecer detalles sobre as contas do Concello de Porto do Son para este exercicio, uns orzamentos actualizados que medran con respecto aos anteriores até superar os 11,77 millóns de euros, implicando un medre do 15 %, é dicir, 1.560.852 euros máis.

As razóns deste incremento para 2023 son moitas e variadas, por exemplo unha máis frutífera participación do Executivo local nos fluxos de transferencias, investimentos e empréstamos das diferentes administracións. Tamén soben os gastos que afrontar polo Consistorio, entre os que se conta o de persoal (o 25% do orzamento, que aumenta pola suba salarial do 2,5 % estipulada na Lei de Orzamentos Xerais do Estado e o 1,5 % de incremento correspondente aos atrasos do 2022).

Pola súa banda, o gasto social sitúase nos 949.083 euros, cunha suba do 30 % na contía dirixida ao SAF, o Servizo de Axuda no Fogar; e os investimentos (máis da terceira parte da partida total) póñense nos 4.269.000 euros, un 20% máis. Salientan neste capítulo proxectos como a rehabilitación da Casa de Ríos (arredor de 500.000 euros) ou a substitución das luminarias municipais por equipamentos sustentábeis (563.000 euros). Outro dos capítulos relevantes é a materialización do plan de ordenación do futuro polígono, con 123.420 euros.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.