O Concello de Son mellorará o camiño de acceso a O Fieiro (Miñortos)

26 Xaneiro 2023

O Concello de Porto do Son sacou a licitación os traballos para pavimentar unha vía no núcleo de O Fieiro, na parroquia de Miñortos. O que se busca con este proxecto é acondicionar o camiño que conecta o dito lugar co de Miñortos. Segundo informaron fontes do Concello, a día de hoxe a vía está moi deteriorada polo paso do tempo, o uso e as inclemencias climáticas, ao que se suman certos problemas de transitabilidade ocasionados polas obras recentes de saneamento. O obxectivo é dotar o camiño dun pavimento resistente e equipalo coas infraestruturas precisas que garantan a recollida de pluviais. Aplicarase formigón semipulido na zona de circulación de vehículos e lastras cadradas de granito (adoquíns) nas beirarrúas. O orzamento é de 41.000 euros.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.