O Concello de Outes enche os centros sociais de obradoiros para a veciñanza

19 Xaneiro 2023

O Concello de Outes presentou o programa de actividades cuadrimestrais do Centro Social de Outes e dos restantes centros de dinamización do termo municipal, unha axenda para os vindeiros catro meses (dende febreiro até maio) que vén cunha ampla variedade de opcións de lecer e formativas ao servizo de toda a veciñanza.

A programación, que pode estar suxeita a cambios segundo a formación e a capacidade dos grupos, desenvolverase en diversos escenarios do termo municipal: o Centro Social de Outes, o Colexio do Cruceiro de Roo, o Centro Sociocultural de San Cosme, o Centro Sociocultural de Cando, o Centro Sociocultural da Vila do Monte, o Centro Sociocultural de San Lourenzo e o Club Náutico do Freixo. Haberá obradoiros de ioga terapéutico, bailoterapia, patchwork, memoria, cestería, traballos en coiro, ximnasia terapéutica, gancho, vainicas e bordado, corte e confección e pilates.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.