O Concello de Dodro e a Deputación rematan a sinalización do Roteiro Pensa Nao

02 Xaneiro 2023

O Concello de Dodro informou do remate da sinalización do Roteiro Pensa Nao, financiada pola área de Turismo da Deputación da Coruña e realizada por Árbore Arqueoloxía e Restauración S. Coop. Galega. Este itinerario, tal e como se explica no seu nome, discorre polos lugares que serven de escenarios aos protagonistas da novela Pensa Nao do escritor de Manselle (Dodro) Anxo Angueira. Trátase dun roteiro circular que pasa polas aldeas de Manselle, Imo e Castro e que nos permite visitar, tamén, o petróglifo da Devesa e Bouza Badín, o Castro de Bexo, os hórreos da Eira da Lavandeira de Imo, miradoiros, fontes, muíños, hórreos etc.

Este percorrido foi deseñado polo Concello de Dodro e sinalizado por vez primeira no ano 2009, estando baseado no libro de Anxo Angueira, Pensa Nao, obra que resultara gañadora do Premio Xerais no ano 1999.

Os traballos de renovación da sinalización incluíron a colocación de novos postes e paneis informativos nos puntos clave do percorrido que conectan a historia da novela cos espazos xeográficos polos que transcorre.

“Esta nova sinalización contribúe á posta en valor dunha ruta que pensamos que debe funcionar como un reclamo turístico de primeira orde, que conecta un territorio concreto e unha serie de elementos patrimoniais e etnográficos con todo un universo literario, dándolle un dimensión máis ampla e un valor cultural engadido”, informou hai uns meses o vicepresidente Xosé Regueira, engadindo que a ruta ten unha lonxitude de preto de 14 quilómetros e atravesa o concello de Dodro permitíndonos desfrutar dos seus principais xacementos arqueolóxicos e rematando na Eira da Lavandeira de Imo co seu conxunto único de hórreos declarado conxunto histórico.

En Pensa Nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle, o espacio ficcional que reconstrúe o lugar do Souto de Manselle. Sernanselle é a aldea de Dodro Vello desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés da Arousa. A novela recrea a historia dos seus habitantes nos anos da República, onde a modernización e dinamismo do mundo labrego, a traxedia da emigración, os seculares traballos comunais, a paisaxe e o amor se funden nun expresivo mosaico que acabou por ser esmagado co alzamento fascista. Narrada cunha lingua riquísima e viva e nun estilo inusitadamente épico, “Pensa Nao é a metáfora dunha Galiza aberta e en marcha, que onte e hoxe se adapta e resiste na dura travesía en procura da súa supervivencia cultural e política”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.