O Concello de Dodro, crítico coa Xunta por non achegar o seu apoio para a renovación da cuberta do Polideportivo Municipal

19 Xaneiro 2023

O martes 10 de xaneiro, o concelleiro de Educación, Deportes e Emprego de Dodro, Abel Tarrío Abuín, e o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Xoán Xosé Vicente Franco, mantiveron unha xuntanza co secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa, para estudar a posibilidade de co-financiar a reparación da cuberta do Polideportivo Municipal, que, segundo sinalaron os concelleiros, atópase en mal estado despois de máis de 25 anos de ter sido instalada. Os edís sinalaron que o orzamento da memoria valorada, feita en outubro do 2022 polo estudio técnico contratado polo concello para estes traballos, alcanza os 128.139,79 euros. A proposta presentada (que incluía un investimento do Concello de 55.379,17 euros por parte do Concello, a cargo da totalidade do POS+2023 da Deputación, un 43,2% do total, sendo o restante asumido pola Xunta), foi finalmente rexeitada.

Os concelleiros criticaron este feito e lembraron que “a porcentaxe que tería que ser asumida pola Secretaría Xeral nesta proposta vén sendo inferior á asumida pola Secretaría Xeral para o Deporte nos convenios asinados nos últimos anos por este departamento con varios concellos para investimentos deste tipo”. Porén, a Secretaría Xeral remitiu ao Concello a unhas subvencións de concorrencia competitiva que van sacar en datas vindeiras para este tipo específico de investimentos municipais.

“O Concello de Dodro”, explicaron os edís, “que coma calquera concello pequeno ten moitas dificultades para afrontar un investimento desta magnitude por si só, seguirá buscando unha solución a unha instalación fundamental no deportivo e no social ante a negativa da Xunta a colaborar”.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.