O Concello de Boiro somete ao pleno os proxectos para mellorar infraestruturas no Parque de Espiñeira

25 Xaneiro 2023

O Concello de Boiro vai someter para a súa aprobación no pleno da Corporación deste xoves 26 de xaneiro os proxectos de mellora da infraestrutura viaria e iluminación pública do Parque Empresarial de Espiñeira. Faino con vistas a solicitar á Xunta as axudas relativas ao programa de creación e posta a punto dos polígonos galegos, unha liña de subvención habilitada pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

O Parque de Espiñeira nunha imaxe de Galicia Naves

Ao abeiro deste programa autonómico o Concello de Boiro encargou a elaboración de dous proxectos que levar a cabo para a mellora das infraestruturas do Polígono Industrial. “Trátase de dúas actuacións necesarias e moi demandadas polos empresarios, de feito nos últimos anos instaláronse no parque empresarial novas industrias cun alto volume de traballo e de afluencia polo que cómpre mellorar as infraestruturas e servizos do parque empresarial”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

Un dos proxectos que se propón para a súa aprobación no pleno é o de mellora da rede viaria do complexo industrial de Espiñeira, que contempla a pavimentación de beirarrúas para mellorar a súa accesibilidade e que sexan máis seguras para as persoas usuarias do polígono que transitan por elas. O importe total do proxecto ascende aos 82.209,38 euros.

O outro dos proxectos que se presenta para o seu debate no pleno é o de mellora da iluminación pública, substituíndo as lámpadas actuais de vapor de sodio cun alto consumo enerxético por unhas de tipo LED, unificando a iluminación instalada en todo o polígono e logrando unha maior eficiencia enerxética, logrando un aforro do 82,13% respecto á situación actual. A actuación ten un importe total de 62.760,70 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.