O Concello de Boiro leva a cabo unha repoboación de árbores na Avenida da Constitución

09 Xaneiro 2023

Dende o Concello de Boiro anunciaban hoxe a replantación de árbores na mediana da Avenida da Constitución co obxectivo de mellorar as zonas que ficaron sen arborado. Máis polo miúdo, plantáronse un total de 43 árbores e 7 arbustos de máis dun metro de alto para cubrir todas as zonas despoboadas da mediana da avenida.

Deste xeito, os ditos traballos teñen como finalidade cubrir con especies vexetais aquelas zonas da mediana que nos últimos anos foron quedando sen árbores ao ter que cortar palmeiras e outras especies que se atopaban enfermas. “Son unhas actuacións que, ademais do impacto visual e

paisaxístico, contribúen á humanización dunha das principais vías do municipio e aportan sombra nos meses de máis calor”, subliñaba o alcalde de Boiro, José Ramón Romero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.