O Concello de Boiro dota de beirarrúas e servizos á Pedra da Bouza

11 Xaneiro 2023

O Concello de Boiro informou do inicio das obras para a dotación de beirarrúas e servizos no lugar de Pedra da Bouza. As actuacións, dun importe de 182.014,13 euros, están financiadas mediante o Plan Único Concellos (POS+ 2022) da Deputación da Coruña. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron na mañá deste 11 de novembro o lugar para coñecer o estado de execución dos traballos.

Segundo informaron, as tarefas a realizar cobren o tramo de estrada que une o núcleo da Pedra da Bouza coa DP-1106 en Abanqueiro. “Estas actuacións melloran a seguridade viaria dos peóns que diariamente transcorren por esa zona e tamén os servizos de recollida de pluviais”, afirmou o alcalde.

As obras pretenden xerar unha beirarrúas peonil de 1,8 metros de ancho e a instalación de condutos para a recollida de pluviais e canalizacións de auga, así como a creación de espazos de estacionamento.

“Estase a traballar na explanación da zona e a apertura de gabias (zanxas) para a instalación de conducións e a execución das beirarrúas”, explicou o concelleiro de Urbanismo e Obras.

A finalidade destas actuacións é dota de seguridade viaria aos peóns que circulan entre o núcleo da aldea da Pedra da Bouza e a estrada de Boiro a Abanqueiro. Trátase, engadiron, dun treito de estrada moi transitado por vehículos e peóns que conecta o núcleo do Saltiño con Abanqueiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.