O Concello da Pobra organiza un obradoiro para mulleres coidadoras de persoas dependentes

31 Xaneiro 2023

Co obxectivo de mellorar a calidade de vida das mulleres que exercen de coidadoras de persoas dependentes, a Concellería de Igualdade da Pobra que dirixe Charo Varela (Nós Pobra) vén de impulsar o obradoiro Coidando as que coidan.

Máis concretamente, con esta acción preténdese “previr e intervir na sobrecarga xerada por un labor que asumen maioritariamente as mulleres ao longo da historia e que pode acabar repercutindo negativamente na súa calidade de vida e na súa saúde, ademais de influír na calidade dos coidados que exercen”.

O obradoiro consta de seis sesións durante as cales se traballará con base nas dificultades e experiencias das mulleres asistentes a través de dinámicas psicoeducativas, teórico-prácticas e participativas.

Impartirase nos días 30 de xaneiro; 6, 13, 20 e 27 de febreiro; e 6 de marzo; en horario de 16.00 a 18.00 horas, nas dependencias dos Servizos Sociais e da Igualdade, fronte á casa consistorial.

Máis información e inscricións de balde no enderezo electrónico igualdade@apobra.gal ou no teléfono de contacto 981832764, marcando a extensión 6.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...