O Centro de Formación de Viveiro de Empresas de Espiñeira convértese nun centro de referencia en formación no municipio

10 Xaneiro 2023

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, realizou esta mañá unha visita ás instalacións do Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira para coñecer as distintas actividades formativas que se están a desenvolver nas instalacións. Durante a visita mantivo un pequeno encontro co persoal do
departamento de Emprego encargado das distintas liñas formativas para coñecer o traballo que están a realizar en cada unha delas.
Neste momento estase a desenvolver no centro o Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns II – Boiro no que están empregados 20 alumnos e alumnas divididos en dúas especialidades: “Aproveitamentos forestais” e “Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas”. Neste momento, unha vez realizados os recoñecementos médicos e recibida a formación teórica, o alumnado vai comezar a parte práctica nas zonas de Monte Peón; a contorna do Pazo de Goiáns; a eliminación de especies invasoras e recuperación de especies autóctonas na parcela do Monte do Sino; e labores de mantemento na contorna do Centro Arqueolóxico de Neixón.
Esta é a segunda edición deste Obradoiro en xestión foresta, o primeiro desenvolveuse durante o curso 2021-2022 e previamente realizáronse tres edicións do Obradoiro de Emprego en Hostelería, centrado nas especialidades de Operacións Básicas de Cociña e Operacións Básicas de Restaurante Bar.
As instalacións municipais acollen tamén a cuarta edición do Programa Integrado de Emprego 2022-2023 que este ano se realiza en colaboración co Concello da Pobra e que está destinado a 100 mulleres desempregadas da comarca. Neste momento estase finalizando a selección das participantes para
comezar a formación que van recibir en competencias para a mellora da empregabilidade e búsqueda de emprego, así como outras especialidades como cociña e limpeza de pisos destinada ao sector hoteleiro; márketing, comercio electrónico, contabilidade…; manipulación de alimentos, operacións de preparado de pescados e mariscos destinada ao sector conserveiro…
A primeira edición deste Programa tivo lugar no ano 2019-2020, estivo destinado a mulleres e homes da comarca e alcanzou un 72% de inserción laboral. A segunda edición do Programa Integrado de Emprego desenvolveuse no ano 2020-2021 e estivo destinado exclusivamente mulleres desempregados, alcanzando un 66% de inserción laboral. O Programa Integrado de Emprego 2021-2022 estivo tamén dirixido a mulleres e rematou no mes de outubro con 50 das mulleres participantes empregadas.
O centro alberga tamén un Viveiro de Empresas que neste momento ten aloxadas a tres empresas. Ademais conta cun espazo coworking pertencente á Rede provincial de espazos de traballo con 20 postos e que comezará a ter actividade nas vindeiras semanas gracias a un proxecto de dinamización financiado pola Deputación da Coruña.
Ademais da formación propia que desenvolve o Concello de Boiro, como cursos AFD que se veñen realizando nos últimos anos, ademais dos que se están a desenvolver neste momento, as instalacións cédense puntualmente a outras entidades para que poidan desenvolver nelas as súas actividades
formativas. “O Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira estase a converter nun lugar de referencia para a formación no municipio e a comarca, con formación en especialidades distintas e destinada aos principais sectores produtivos da contorna”, afirmou o alcalde.
“O sector empresarial, a xeración de emprego e a formación para o emprego son fundamentais para o desenvolvemento dun municipio”, afirmou o alcalde. Recentemente reforzouse o departamento de emprego coa incorporación dunha Axente de Emprego e Desenvolvemento Local que vai traballar conxuntamente co persoal que dirixe e coordina os distintos programas formativos.

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

Na Pobra o espírito do Nadal xa se vive no CAD

Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...