O BNG de Ribeira súmase novamente ás mobilizacións de Corrubedo contra o desmantelamento do Centro de Saúde

26 Xaneiro 2023

O BNG apoiou un día máis a undécima concentración veciñal en defensa da sanidade pública en Corrubedo na que se lle demanda ao Goberno galego “cubrir a praza do profesional médico a tempo completo que evite os desprazamentos a Ribeira e colapsar aínda máis ese Centro de Saúde”. Para os concelleiros Luís Pérez Barral e Cruz Rivadulla Márquez “o Partido Popular está de brazos cruzados mentres se agrava a situación de precariedade na sanidade pública, especialmente no rural”.

A concelleira do BNG Cruz Rivadulla relacionou este deterioro da sanidade pública galega cos “recortes orzamentarios que leva aplicando o Partido Popular durante 13 anos” e asegurou que “menos orzamento é menos Atención Primaria, chave para a prevención da saúde das galegas e galegos”. Segundo a edil nacionalista “non cubrir as prazas fai que medren as listas de espera, deteriórase a atención aos doentes e mesmo xa se notan as consecuencias no Hospital da Barbanza cunhas Urxencias colapsadas”.

Desde o BNG reclaman “a adopción de medidas empezando por un plan de choque de 200 millóns de euros, dotar os centros de saúde de novas especialidades, como psicoloxía clínica e un plan ambicioso e con investimentos para reducir as listas de espera ao tempo que lle recriminan ao Goberno galego a súa actitude de “negar o que está a ocorrer coa Sanidade”.

Por último os nacionalistas aseguran que “non van deixar de traballar a favor da sanidade pública tanto nas institucións como na rúa” e, neste sentido, anunciaron que apoiarán as mobilizacións que convoque a cidadanía en “calquera punto do país”, como a prevista para o próximo 12 de febreiro, “porque o BNG está sempre do lado da xente e preparado para liderar un cambio de rumbo”, concluíron.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.