O BNG de Ribeira propón mellorar a seguridade viaria e as áreas deportivas e aumentar as zonas verdes

24 Xaneiro 2023

Os nacionalistas de Ribeira rexistraron un documento con propostas centradas en reforzar a seguranza viaria e a dotación de servizos básicos, mellorar as instalacións deportivas e aumentar os espazos de lecer e zonas verdes do municipio. Fixérono con vistas á elaboración da listaxe de iniciativas que o Concello vai presentar aos fondos do Plan Único 2023 da Deputación.

Desde o BNG solicitan que a escolla das actuacións nas que se investirán preto de 1,5 millóns de euros que concede a Deputación da Coruña mediante o Plan Único 2023 sexa feita “co diálogo e o consenso de tódolos grupos da Corporación”. Neste senso, o portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, instou ao Goberno local a “dialogar máis para evitar présas de última hora e facer todo tarde mal e arrastro como pasou cos Orzamentos”.

Os nacionalistas aglutinan as súas proposta en tres grandes bloques; reforzo da seguranza viaria, mellora dos espazos deportivos e un aumento dos espazos de lecer e zonas verdes. Segundo informaron os concelleiros Luís Pérez Barral e Cruz Rivadulla Márquez, “incluíronse actuacións que pediron veciñas e veciños”, xunto con outras propostas pensadas polo BNG para resolver necesidades importantes e que “cómpre atender”.

Luís Pérez Barral e Cruz Rivadulla perante a Casa do Concello de Ribeira

As propostas de reforzo da seguranza viaria destacan a renovación da rúa Sidreiras con novo firme e beirarrúas, as reformas integrais con beirarrúas e asfaltados novos nas rúas Colón e Monumento, a ampliación e dotación de sumidoiros na rúa Revolta de Castiñeiras, dotación de beirarrúa e pavimentación da rúa Iñeiras en Olveira, a mellora da estrada que vai ao Corgo en Corrubedo e a pavimentación e dotación de servizos na rúa Esteirón e accesos á Corna en Palmeira.

Con respecto á mellora das instalacións deportivas inclúen dotar de torres de iluminación o Campo de Fútbol de Carreira, construír novos vestiarios no Campo de Fútbol de Oleiros, mellorar a zona do Campo da Tasca con novo mobiliario así como unha renovación integral da Casa da Cultura de Aguiño.

Por último e para aumentar os espazos de lecer e zonas verdes no municipio, o BNG propón implementar un plan Reverdecer Ribeira, no que se contempla a adquisición de terreos para facer unha alameda no centro urbano, cubrir o parque infantil das Avesadas para usar cando chove, construír dous aseos públicos en Ribeira, rehabilitar o lavadoiro de Gude en Artes como espazo de ocio e dotar á zona de Bretal dun parque infantil e zona verde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.