O 1º premio de composición Portus Apostoli, impulsado polo Noia Harp Fest, recibe 16 obras orixinais

25 Xaneiro 2023

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia (Noia Harp Fest) desvelará nas vindeiras semanas a obra gañadora da primeira edición do Premio Internacional de Composición Portus Apostoli. O xurado, conformado por artistas internacionais de recoñecido prestixio, fallará o premio o 15 de febreiro.

O director do Noia Harp Fest, Rodrigo Romaní, cualifica como “moi exitosa” a convocatoria do certame, patrocinado polo Concello de Noia, pois o festival recibiu un total de 16 propostas, “algo pouco usual neste tipo de concursos, nos que o habitual é recibir 5 ou 6 composicións”. E engadiu: “Estamos moi felices pola acollida que tivo o Portus Apostol e pola proxección internacional que este certame abre ao noso encontro musical”, salienta Romaní, ao sinalar a diversidade da orixe xeográfica das e dos participantes desta primeira convocatoria, á que se presentaron compositores procedentes de Arxentina, Brasil, Estados Unidos, España, Finlandia e Malta.

O Premio Internacional de Composición Portus Apostoli naceu como unha aposta innovadora por ampliar o repertorio das obras para arpa e orquestra. O galardón, que implicará unha achega económica de 2.000 euros para o creador da peza gañadora, suporá tamén a estrea mundial da mesma na vindeira edición do Noia Harp Fest. A Real Filharmonía de Galicia, acompañada dun ou dunha intérprete solista, executará a obra no marco da décima edición do festival, do que se darán a coñecer os primeiros detalles nas próximas semanas.

O Noia Harp Fest, que celebrou a súa última edición o pasado mes de agosto, é o o único festival de Galicia e do noroeste da Península Ibérica que ten como absoluta protagonista a arpa. No seu cartel conflúen, desde hai nove anos, artistas de estilos moi diversos procedentes do ámbito galego, estatal e internacional, mais unidos pola interpretación musical a través da arpa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política”. José Manuel Pena

“Valentía política”. José Manuel Pena

Salen de sus hogares, todas las semanas, en busca de alimentos, medicamentes, bonos para viajes o alguna que otra ayuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acuden a alguna ong ó entidad social que las ayudan desde hace décadas e incluso, a algunas de...

“La felicidad”. José Antonio Constenla

“La felicidad”. José Antonio Constenla

En este mundo tan dado a poner días, etiquetas y estadísticas a la vida, lafelicidad no podía ser menos y la Red de Soluciones para un DesarrolloSostenible, dependiente de Naciones Unidas, ha establecido una serie decriterios que permiten medir si un país ofrece...