José Ramón Romero, alcalde de Boiro, asume a presidencia da Mancomunidade Barbanza Arousa

30 Xaneiro 2023

Na mañá deste 30 de xaneiro, luns, celebrouse o pleno da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa na sala de xuntas do Consistorio de Boiro. No acto formalizouse o cambio de presidencia e o traspaso de poderes, que foi, precisamente, o punto da orde do día. Este proceso, informaron os membros da entidade, lévase a cabo de forma anual e, para o ano 2023 é a quenda de José Ramón Romero, alcalde de Boiro, que recolle a testemuña de Xosé Lois Piñeiro, alcalde da Pobra do Caramiñal.

Durante a sesión plenaria, ambos os alcaldes destacaron “a boa sintonía e a colaboración que existe entre os catro concellos da mancomunidade para levar a cabo a estratexia do destino turístico”.

En palabras de José Ramón Romero “continuaremos a estratexia que estamos levando a cabo nestes últimos anos de consolidación de produto turístico a través da potenciación da vertente enogastronómica, do turismo de festivais, por exemplo coa cita anual Paisaxes Sonoras, da consolidación do Camiño de Santiago e do turismo activo, coa homologación de catro roteiros de sendeirismo que poñen en valor a Serra do Barbanza”, dixo, poñendo o foco, tamén, “na aposta polos eventos deportivos”.

Este ano abórdase o inicio da execución do Plan de Sustentabilidade Turística dotado con 1,5 millóns de euros, o que “suporá un antes e un despois para o territorio”, engadiu.

En palabras dos alcaldes, a achega dos fondos Next Generation ao ecosistema turístico da comarca “significará a posta en valor da enogastronomía local e tamén da súa historia pesqueira, de salgadura, conserveira e vinícola que forxou unha identidade propia do destino”.

Destacan actuacións como a creación do Museo da Conserva, Museo da Salgadura, a inmersión no Barrio dos Cataláns así como experiencias no traballo nas adegas e conserveiras actuais e a degustación de produtos de primeira calidade que buscan xerar a emoción no visitante.

Continuarase, así mesmo, potenciando a colaboración público-privada e o traballo co sector, iniciándose este ano a implantación do selo de calidade turística SICTED.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.