Ignacio Castro presenta Mil días en la montaña este venres en Boiro

09 Xaneiro 2023

Este venres 13 de xaneiro, o escritor e filósofo compostelán Ignacio Castro estará novamente en Boiro para presentar a súa nova obra, logo da recente estadía do autor para dar a coñecer Sexo y silencio. Agora volve ao Centro Social da vila boirense, este venres ás 20.00 horas, para compartir os detalles do libro Mil días en la montaña (Roxe de Sebes), que, como indica no seu título, documenta o tempo que Castro pasou na montaña, en pleno retiro, para atopar precisamente alí, no máis recóndito dos cumios do Courel, os camiños que lle permitirían volver ao mundo.

Acompañarano na cita de Boiro Gonzalo Trasbach, xornalista local (e amigo persoal do escritor), Manolo López Outeiral, profesor de Lingua e Literatura Inglesa, David Souto, profesor de Lingua e Literatura Española, José Ramón Romero García, alcalde de Boiro, e María Outeiral, concelleira de Cultura.

Ignacio Castro Rey é doutor en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid, crítico de cinema e arte, xestor cultural e profesor. Ademais de ser autor de múltiples artigos e conferencias e profesor convidado en distintas universidades, Castro Rey publicou diversos libros, o último deles chámase Lluvia Oblicua (Ed. Pre-Textos 2020), precedido de Mil días en la montaña (Ed. FronteraD, 2019). A súa anterior obra, Sexo y silencio, foi presentada recentemente en Boiro como un libro radicalmente libre e a contrapelo do novo puritanismo imperante. Trátase, sinalouse daquela, dunha aventura pola reflexión arredor do sexo de semellante calibre á aventura que o levou a vivir un inverno no Courel, nunha cabana de miúdas dimensións e sen máis compaña que algúns libros, a neve e as montañas.

Ignacio Castro nunha imaxe da Libraría Numax

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...