Ignacio Castro recalou en Boiro para presentar Sexo y silencio

15 Febreiro 2022

O pasado 4 de febreiro fixo recalada en Boiro o filósofo e escritor compostelán Ignacio Castro Rey, autor (entre outros moitos libros) dunha das obras máis sobranceiras das nosas letras nas últimas décadas, Roxe de Sebes (Fundación Luís Seoane), ensaio poético a xeito de diario ou colección de haikus no que o autor documenta a súa particular viaxe existencial aos bosques do Courel (bebendo das fontes de Thoreau, Emerson e Uxío Novoneyra, e as grandes figuras literarias do nature writing).

Ignacio Castro estivo no Centro Social de Boiro para presentar, na compaña do xornalista boirense (e amigo persoal de Castro) Gonzalo Trasbach, o libro Sexo y silencio. Tamén participou no acto o profesor do IES de Rianxo Manuel López Outeiral.

Ignacio Castro Rey é doutor en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid, crítico de cinema e arte, xestor cultural e profesor. Ademais de ser autor de múltiples artigos e conferencias e profesor convidado en distintas universidades, Castro Rey publicou diversos libros, o último deles chámase Lluvia Oblicua (Ed. Pre-Textos 2020), precedido de Mil días en la montaña (Ed. FronteraD, 2019). A súa nova obra, Sexo y silencio, foi presentada como un libro radicalmente libre e a contrapelo do novo puritanismo imperante. Trátase, sinalouse, dunha aventura pola reflexión arredor do sexo de semellante calibre á aventura que o levou a vivir un inverno no Courel, nunha cabana de miúdas dimensións e sen máis compaña que algúns libros, a neve e as montañas.

Outros artigos

Outes comparte o cartel do Pampallín, 26ª edición

A 26 edición da Festa do Pampallín (Outes) xa ten cartel. Haberá dúas xornadas de celebración: o 30 de abril (a partir das 22.00 horas na praza de Galicia) e o 1 de maio (a partir das 17.00). A axenda de actividades porá o foco na xuventude, coa actuación o primeiro...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.