Mangüi Martín, baixista de Os Diplomáticos de Monte Alto, faleceu, segundo avanzou o xornal coruñés A Opinión. O músico comezou a formar parte do coñecido grupo coruñés en 1990 e estaba moi vinculado ao panorama musical da cidade.
Os Diplomáticos de Monte Alto naceu no barrio coruñés do mesmo nome como un grupo de rock, caracterizado polo uso do acordeón nos seus temas. Mangüi era un dos seus integrantes e formou parte da banda xa desde a súa orixe.
A noticia do deceso do baixista xerou un fondo pesar na Coruña e a escena musical galega. Numerosas persoas lamentaron a morte dun músico ao que definen como “un referente”.
