Este venres temos unha cita coa cetrería en Boiro

09 Xaneiro 2023

A Casa da Cultura de Boiro acolle este venres 13 de xaneiro unha conferencia sobre cetrería, a partir das 17.30 horas e organizada pola Sociedade Galega de Cetrería en colaboración coa empresa Falcóns Galicia, con sede na Pobra. A xuntanza, que se desenvolve baixo o epígrafe Cetrería e a súa aportación á conservación, comezará á dita hora cunha exhibición de voo das modalidades de adestramento de aves, seguida da conferencia en si mesma.

Máis en detalle, trátase dun encontro divulgativo sobre adestramento de aves que inclúen, entre outras actividades, unha exhibición de voo con falcóns no Parque da Cachada e, tamén, conferencias sobre o materia baixo o epígrafe A cetrería e a súa contribución á conservación das especies, nas que se proxectarán vídeos e faranse presentacións visuais. Serán na Casa da Cultura emprazada na Cachada, en Boiro.

Nas xornadas de cetrería abordaranse as características, costumes e hábitos en natureza dalgunhas das aves rapaces que habitan a nosa contorna. Para ilustrar todo isto, organizaranse exhibicións presenciais con aves adestradas dos integrantes da Sociedade Galega de Cetrería.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.