Este venres abre a Estación de Manzaneda

18 Xaneiro 2023

Despois dunha longa tempada sen neve, a Estación de Montaña Manzaneda volveu cubrirse de branco.

Nos últimos días estívose traballando a pleno rendemento para poder abrir as instalacións esta fin de semana á práctica do esquí. Será posible desde este venres, 20 de xaneiro, no horario habitual, de 9.30 a 17.15 horas, aínda que o alugueiro dos equipos poderá facerse desde as 8.30 horas. Tamén estará
dispoñible o telecadeira, o servizo de restauración e A Tasquiña.
O 100% do persoal da Estación apura as horas e os días para ter as pistas a punto para o venres, día 20, despois de que os canóns estean innivando de forma interrompida desde as 06.00 horas do martes, día 17. En realidade, empezaron a fabricar neve o domingo, cando se deron as condicións de temperatura e
humidade, aínda que tiveron que parar o luns debido ás choivas caídas, que levaron parte da neve.
Tampouco axudou o vento (na Estación rexistráronse os máis fortes de Galicia), pero en calquera caso a previsión é que a Estación de Montaña abra o venres as súas pistas despois dunha longa tempada sen neve, nos horarios habituais (poden consultarse na web: https://www.manzaneda.com/manzaneda-estacion-esqui

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.